Realidad Onírica


Castelao
noviembre 20, 2007, 11:41 pm
Filed under: Narrativa


SE EU FOSE AUTOR

Se eu fose autor escribiría unha peza en dous lances. A obriña duraría dez minutos nada máis.

LANCE PRIMERO

Érguese o pano e aparece unha corte aldeán. Enriba do estrume hai unha vaca morta. Ó redor da vaca hai unha vella velliña, unha muller avellentada, unha moza garrida, dúas rapaciñas bonitas, un vello petrucio e tres nenos loiros. Todos choran a fío i enxoitan os ollos coas mans. Todos fan o pranto e din cousas tristes que fan rir, ditos paifocos de xentes labregas, angurentas e cobizosas, que pensan que a morte dunha vaca é unha gran desgracia. 0 pranto debe ter unha gracia choqueira, para que estoupen da risa os de “patio de butacas”.

E cando se fartan de ri-los señoritos, baixará o pano.

Se eu fose autorLANCE SEGUNDO

Érguese o pano e aparece un estrado elegante, adobiado con moito señorío. Enriba dunha mesa de pés ferrados de bronce, hai unha bandexa de prata, enriba da bandexa hai unha almofada de damasco, enriba da almofada hai unha cadeliña morta. A cadela morta semellará unha folerpa de neve. Ó seu redor chora unha fidalgona e dúas fidalguiñas novas. Todas elas fan 0 pranto i enxoitan as bágoas con paniños de encaixe. Todas van dicindo, unha a unha, gas mesmas parvadas que dixeron os labregos diante da vaca morta, ditos tristes que fan rir, porque a morte dunha cadela non é Para tanto.

E cando a xente do galiñeiro se farte de rir a cachón, baixará o pano moi amodiño.

Castelao

Anuncios

4 comentarios so far
Deja un comentario

Encántame Castelao! Aínda que me gustou máis o que lín de prosa que o teatro, pero este trociño tamén está moi ben.

Ámote preciosa.

Un biquiño 🙂

Comentario por Daniel

VIVA CASTELAO!
QUE MAJO ES XD
El que más me gusta es el de la maternidad frustrada(el de lso tarros)
saludos hormiga

Comentario por Lucía

que buena esta entrada. Yo también soy un fan de Castelao. Sería chulo facer isto no insti ¿non?

Comentario por julian

Por certo. Como se quixertas facerlle boicot á “Lucianilla” (angie dixit) o enlace é do orixinal crisisocial( o que non funcionaba). Eu que ás veces vou do teu blog ó dela e ó revés non podo. Creo que agora é crisisocial7. blogspot.com.

Comentario por julian




Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s



A %d blogueros les gusta esto: